Traballamos polo emprego, por mellores condicións laborais, mellores salarios e novos dereitos
Quero unirmeSomos un millón de persoas afiliadas que decidimos unirnos e organizarnos para defendermos colectivamente os nosos intereses e dereitos laborais e sociais. Ao longo da nosa historia, e grazas á loita de multitude de traballadores e traballadoras anónimas que se organizaron en Comisións Obreiras, conseguimos avanzar en dereitos e liberdades que hoxe consideramos imprescindibles, que fortalecen a nosa democracia, e seguimos conquistando novos dereitos día a día.
Alí onde un traballador ou unha traballadora nos reclame, estaremos, sen ningunha dúbida, as Comisións Obreiras.
Comisións Obreiras negocia os teus dereitos, sexa cal for a túa situación laboral, teñas ou non emprego, en todos os sectores, públicos ou privados.
Contas coa nosa representación nas empresas, nas mesas de negociación dos convenios e no diálogo social co Goberno. Desde unha reclamación de salarios ata a reforma laboral ou de pensións, somos a organización que mellor pode defender os teus intereses como persoa traballadora.
A nosa orixe está vinculada, entre outros, aos despachos de avogados e avogadas laboralistas que xa no espertar da democracia asesoraron e defenderon a multitude de traballadores e traballadoras.
Hoxe, os servizos xurídicos de CCOO seguen sendo a maior garantía que calquera persoa pode ter de que os seus dereitos van ser defendidos da mellor maneira posible.
Somos un sindicato de clase. Significa que non nos limitamos a un único sector laboral, nin a unha empresa ou territorio, esa é a nosa forza.
Comisións Obreiras defendemos a todas as persoas traballadoras de forma solidaria e podemos facelo porque somos a organización con representación sindical maioritaria en todos os sectores no ámbito estatal, o que nos permite negociar as condicións laborais de todas as persoas traballadoras, traballen onde traballen.
Grazas á nosa afiliación. Sen ningunha dúbida. Sen todas e cada unha das persoas que contribúen solidariamente coa súa cota sindical, as nosas conquistas non serían posibles.
Toda a actividade, desde a acción sindical dos equipos de extensión, ata os servizos xurídicos, e mesmo as funcións constitucionais ás que nos empraza a lexislación, susténtanse na cota sindical que o millón de traballadoras e traballadores achegamos mensualmente. Podes consultar as distintas cotas segundo a túa situación.
Deste xeito, garantimos que a acción da nosa organización sexa totalmente libre e autónoma, non dependemos de subvencións nin axentes externos. O noso único interese é defender as nosas compañeiras e compañeiros.
Somos a principal organización sindical do país, temos atendido innumerables casos, resolvemos multitude de negociacións de forma favorable e logramos dereitos que hoxe en día consideramos irrenunciables.
Pero cómpre máis. Cómpren máis dereitos, máis salarios, máis protección, máis igualdade. Cómpre máis e mellor emprego e, para todo iso, queremos máis Comisións Obreiras.
Son moitas as consultas que desde CCOO atendemos acotío para resolvermos dúbidas e asesorarmos as nosas compañeiras e compañeiros, pero somos conscientes de que hai casos aos que non chegamos. Queremos chegar a todos eles, estender o alcance da nosa cobertura a cantos máis traballadores e traballadoras sexa posible.
A crise pandémica da covid supuxo un duro golpe para a sociedade e para o mercado laboral que, grazas particularmente á nosa acción, tivo unha saída que protexeu o emprego e as persoas traballadoras. Agora é o momento de seguir avanzando, de conquistar máis dereitos. Os acordos en materia laboral ou a suba do salario mínimo interprofesional (smi) son avances moi significativos, pero queremos máis, por xustiza social e equidade económica.
Debémonos á nosa xente, ás traballadoras e aos traballadores. Que no te mareen: o 85 % do financiamento do sindicato provén da cota sindical da súa afiliación. Coa achega que a afiliación fai, poñemos a disposición do conxunto de traballadoras e traballadores de forma solidaria os servizos xurídicos e organizamos a acción sindical. Non dependemos de ninguén, debémonos á nosa afiliación e así queremos que siga sendo.
Somos moi conscientes de que os dereitos non se regalan, e de que é a acción sindical da afiliación e a representación sindical nos centros de traballo a que logra avances e conquistas construíndo movemento obreiro. Aínda quedan moitas conquistas, moitos dereitos polos que hai que seguir loitando, e todo o apoio é pouco.
Organízate e loita nas Comisións Obreiras.